Skip to main content
Guitiriz

Repetirán o luns a sesión de troco de libros no Mercadiño de Guitiriz

Por 30 Decembro, 2022Sin comentarios

Tras o éxito do mercadiño de troco do pasado 28 de decembro, o Concello de Guitiriz organizará unha segunda quenda de troco de libros para o día 2 de xaneiro, coincidindo co troco de videoxogos. Ambos mercadiños serán na caseta do Concello do Mercado de Nadal, onde tamén haberá un posto informativo sobre servizos municipais.

O horario do intercambio será na quenda de mañá de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas deben depositar os libros ou videoxogos que desexen, ata un máximo de 10, co obxectivo de que sexan rexistrados e etiquetados.

Por cada libro ou videoxogo entregado as persoas participantes recibirán un vale para cambialos por calquera outro do mercadiño que lles interese. No caso dos libros haberá diferentes categorías: infantil e xuvenil, divulgación, cómics e ficcións.