Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

Meira acollera unha concentración no Día das Montañas de Eólicas, Así Non!

Por 8 Decembro, 2022Sin comentarios

O domingo 11 de decembro, Día Mundial das Montañas, ás 12.00 horas, terá lugar unha concentración na praza do Concello de Meira en protesta pola creación de macroparques eólicos por toda a xeografía galega e en defensa das montañas.

Estas concentracións están programadas para diferentes puntos de Galicia e convocadas pola coordinadora Eólica, Así non!

Meira será o punto de concentración do territorio afectado da Terra Chá e as entidades convocantes son os veciños afectados, plataforma local Alto Miño Eólica Así Non, Sindicato Labrego Galego, Asociación Cultural M de Meira, Acea de Meira, Adega, Ecoloxistas en Acción Gaiza, Concello da Pastoriza e Concello de Meira.