Skip to main content
Muras

Os veciños da Gañidoira e Guimarás está convocados a unha reunión sobre o catastro

Por 12 Decembro, 2022Sin comentarios

O veciños e propietarios dos montes da Gañidoira e a Fraga de Guimarás están convocados este mércores, 14 de decembro, a unha reunión explicativa sobre o Catastro.

A reunión terá lugar no salón de plenos do Concello a partir das 10.30 horas e ten como obxectivo resolver dúbidas á hora de catastrar as parcelas pertencentes a este montes.

Muras ten en marcha o proxecto da Dirección Xeral do Catastro A_Finca que persegue, ademais da actualización catastral, nunha fase posterior facilitar ás persoas con propiedades en Muras a súa inscrición no Rexistro da Propiedade resolvendo os problemas xerados polo mantemento de persoas xa falecidas como titulares catastrais ou mesmo a existencia de bens de titularidade descoñecida.

O obxectivo principal deste proxecto é dotar ao territorio rural da seguridade xurídica necesaria no ámbito inmobiliario para fomentar o desenvolvemento sostible en municipios con problemas de despoboamento. Mediante actuacións para facilitar aos veciños a correcta descrición dos seus inmobles no Catastro e iniciar, no seu caso, os trámites para a obtención dos títulos ante notario e a posterior inscrición no Rexistro da Propiedade, coa súa xeorreferenciación.