Skip to main content
Muras

Abre o prazo para anotarse ao campamento de Nadal de Muras

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras centrará o seu programa de Nadal en actividades orientadas aos máis pequenos da casa. Así, volverá organizar un campamento de Nadal para a cativada co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Este campamento terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro.

Este campamento terá lugar todas las mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas na casa do médico con actividades para todos. Así están previstos xogos grpais, de intelixencia, obradoiros manuais, actividades de igualdade, muscias e outros deportivos e ximkanas,

As persoas interesadas en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 982 500 001. Será gratuíto e contará con monitoras para acompañar aos pequenos.

O campamento rematará cunha festa con contacontos e chocolatada.