Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A Valadora do Pobo admite a trámite unha queixa do BNG contra o Concello

Por 24 Decembro, 2022Decembro 25th, 2022Sin comentarios

A Oficina estudará unha vulneración dos dereitos dos concelleiros nacionalistas para representar os intereses da veciñanza e pediulle un informa ao respecto ao concello de Outeiro de Rei.

A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa do BNG de Outeiro de Rei pola decisión do alcalde de non tratar as súas propostas durante o pleno.

Tal e como explican os nacionalistas, no pasado pleno celebrado o venres 28 de outubro, o alcalde “dun xeito totalmente arbitrario e sen dar ningunha razón, decidiu que non se debatera, e polo tanto que tampouco se votara, o cuarto punto da orde do día, unha moción do BNG”.

“O señor Pardo non xustificou en ningún momento tal actuación, senón ao contrario, tan só manifestou que ese punto non se trataba e que se pasaba ao punto seguinte. Trátase dun intento máis de acalar á oposición feita polo BNG, pois xa levaba varios plenos queixándose que presentábamos demasiadas propostas e iniciativas”, afirman.

Di o BNG que “se se permitise que o alcalde, arbitrariamente, tan só nos deixara presentar unha moción por pleno serían só seis propostas as que poderiamos facer en todo o ano, número totalmente insuficiente para poder facer o noso traballo de oposición e de fiscalización do traballo municipal”.

“Esa situación obrigounos naquel momento a solicitar o amparo da Valedora o Pobo, cuestión que provocou que a queixa fose admitida como procedente e dende esa oficina se lle solicitase ao concello un informe ao respecto. Dende o BNG non imos aceptar que dun xeito tan arbitrario o Alcalde nos impida o traballo que nos encomendou a cidadanía, facer propostas e fiscalizar ao goberno municipal. Xa sabemos que isto lle molesta, pero non imos permitir que vulnere dese xeito os nosos dereitos de representación política e dese xeito faremos todo o que sexa neceario para evitalo.”, dixo Xosé Ferreiro.

A Oficina da Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa do BNG baseada na vulneración dos seus dereitos para representar os intereses da veciñanza e pediulle un informa ao respecto ao concello de Outeiro de Rei