Skip to main content
A Pastoriza

O crítico literario Ángel Basanta doa a súa colección de libros á biblioteca da Pastoriza

Por 26 Decembro, 2022Decembro 27th, 2022Sin comentarios

A biblioteca da Pastoriza recibirá este martes, día 27, unha doazón de máis de 10.000 exemplares de libros da colección persoal do crítico literio Ángel Basanta.

Este erudito da literatura, natural da parroquia de Crecente, fará entrega dos libros que foi acumulando á longo da súa vida, entre comprados, agasallados, dedicados e tamén como parte do seu traballo.

Estes libros pasarán a formar parte da biblioteca da Pastoriza, que renderá tamén o seu agradecemento ao catedrático de literatura poñéndolle o seu nome ao centro nun emotivo acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas.

Segundo explica Basanta, hai literatura de todos os estilos e procedencias e tamén a bibliografía completa de moitos autores, tanto clásicos como modernos.