Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

As Mulleres Rurais de Pol celebran un baile os venres de feira

Por 9 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol vén de poñer en marcha unha nova actividade. Trátase de sesións de baile de salón que se desenvolven todos os venres de mes que coinciden feira.

Non se dan clases, trátase dunha tarde de esparcemento ao ritmo da música na caseta do polbo da Carballeira a partir das 17.30 horas.

A primeira sesión tivo un gran éxito de público entre a veciñanza polo que teñen previsto continuar con esta actividade.

Ademais o colectivo anunciou que o próximo ano se abrirán novos obradoiros. Volverá celebrarse o de restauración, que tivo moito éxito e tamén outro de ganchillo e calceta, que se suman aos que xa están en marcha.