Skip to main content
Axenda CaducadaPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Chimchiribote representa este sábado en Pol a súa nova obra ‘Contos’

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

O centro sociocultural de Mosteiro, en Pol, acollerá este sábado, 17 de setembro, a representación da obra Contos, a cargo do grupo de teatro Chimchiribote, a partir das 18.00 horas, dentro do ciclo Gargalladas.

Trátase dunha historia ao carón do lume mentres o caldo ferve. Unha familia estrambótica e realista vai atopando na súa vida cotiá situacións extremas que só o lume pode solucionar.

Obra de creación dropia do colectivo, dirixida por Ero Vázquez Cabrera cunha duración de 50 minutos.