Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Castro de Rei e Pol contan co servizo Coidados porta a porta desde o luns

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

Os xoncellos de Castro de Rei e de Pol en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informan que nos días 19, 20 e 21 de decembro terán de novo unha unidade móvil dentro da campaña Coidados porta a porta. No primeiro caso estará situada en Castro Ribeiras de Lea, ao lado do centro de saúde e en Pol estará na praza de Galicia de Mosteiro.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.