Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol participa nun estudo da fundación Matrix sobre o envellecemento da poboación

Por 19 Decembro, 2022Decembro 20th, 2022Sin comentarios

A veciñanza de Pol está a participar estes días no programa Mayorsig posto en marcha pola Fundación Matrix e a Universidade de Vigo, unha investigación social para dar a coñecer cales son os factores  dunha maior lonxevidade e calidade de vida das persoas maiores.

O Concello de Pol foi escollido para este estudo porque nel reside unha veciñanza especialmente lonxeva, que esperan que participe neste traballo de campo, que se desenvolve dende hoxe ata o mércores 21 realizando enquisas a persoas maiores de 80 anos.

Estas enquisas estanse a realizar no local dos servizos sociais, onde os que desexen sumarse poden anotarse.

O MAPA DO ENVELLECEMENTO

Algunhas ideas preconcibidas sobre o envellecemento da poboación, así como determinadas suposicións respecto á distribución das persoas maiores, simplifican a realidade poboacional e territorial de España, cando resulta ser chamativamente heteroxénea e complexa. Mesmo inflúen nos debates e decisións sobre relevantes asuntos e políticas públicas. Desde a fiabilidade derivada da fonte de datos –o Instituto Nacional de Estatística (INE)–, e achegando análises rigorosas de variables demográficas e mapas idóneos, que mostran a realidade máis recente, os autores refutan tres tópicos sobre a distribución das persoas maiores (de 65 anos e máis) e o envellecemento das poboacións a escala municipal, que desmontan con cifras e argumentos.

Afirma este estudo que o tamaño poboacional do concello non está sempre asociado ao envellecemento cun dato relevante, o 92% do total de municipios de España está envellecido. Ademais, na segunda liña, aseguran en o envellecemento poboacional non é o número de habitantes maiores e que a maioría das persoas maiores non reside no rural. O 95% residen en municipios de máis de mil habitantes e o 64% en municipios urbanos.