Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle o foro de investimento Business Market

Por 1 Decembro, 2022Decembro 6th, 2022Sin comentarios

O concello das Pontes acollerá este venres, 2 de decembro, a partir das 09:30 horas, no Centro de Dinamización Empresarial Seara o Foro de Investimento Business Markt, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a conexión do municipio co ecosistema inversor, impulsar o emprendemento, as startups e as empresas así como converterse nun elemento de atracción de talento e iniciativas que potencien o posicionamento na economía local.

Trátase dun foro participativo, dinámico e aberto no que interactuarán empresas, inversores e persoas emprendedoras a través mesas redondas, conferencias, roldas de investimento e espazos de networking, buscando impulsar o desenvolvemento de modelos de investimento para proxectos empresarias en fase pre semente, fase de desenvolvemento ou consolidación así como a adquisición de activos e investimentos empresariais e a xeración de alianzas estratéxicas para a construción dun ecosistema inversor local propio nas Pontes.

O foro das Pontes contará coa participación de representantes de diferentes fondos de investimento de recoñecido prestixio nacional e internacional entre os que destacan Fabia Silva do Fondo de Inversión del Instituto Tecnológico de Massachusset MIT; Alberto Andujar, CEO de Big Ban Inversores Privados, a maior rede de España de inversores; Juan Manuel Revuelta, Director Xeral Fundación Finnova de Bruselas, CEO de Startups Europe Awards e membro da Xunta de Alastria; Meriyeni del Carmen, CEO de Della Capital , fondo de inversión de capacidade superior a 100 millóns euros para inversión en pemes; Alejandro Garrido, Director de inversión de European Ventures, vehículo de inversión fase pre semente e semente e proxectos emprendedores de base e Raúl Oliva, representante de Accens Tecnologies de Telefónica, empresa de referencia no campo da innovación, entre outros.

Ademais de todos eles, sumaranse online Fernando Rodríguez Alemany, de 15k Angels fondo de inversión en fase pre semente e Javier de Barros, de Zubicapital, fondo de inversión de 30 millóns de euros en fases iniciais e posteriores, orientado ao campo da tecnoloxía e sostibilidade así como o presidente da Rede Mundial de Parques Industriais e Loxísticos, Rodolfo Games.

Todas aquelas empresas e persoas emprendedoras que estean interesadas participar neste encontro poden inscribirse ata o xoves, 1 de decembro, ás 14:00 horas, no enderezo electrónico emprego@aspontes.org

Poden atopar más información nesta páxina web