Skip to main content
As Pontes

As Pontes recibe 750.000 euros da Deputación para seis obras

Por 2 Decembro, 2022Sin comentarios

O concello das Pontes recibirá, tras a aprobación polo Pleno da Deputación da Coruña do Pos+ Adicional, un investimento de 739.614 euros que, xunto a unha aportación de 51.781 euros do concello, permitirá a execución de seis obras civís.

Entre as actuacións que se levarán a cabo se atopan a mellora de servizos e seguridade viaria na marxe dereita da AC 564, ao seu paso por Goente, cun orzamento de 150.658 euros así como a creación dunha pista multideporte no Poboado da Magdalena e a mellora da contorna, proxecto valorado en 181.427 euros. Destinarase así mesmo unha partida de 116.330 euros á renovación da pavimentación e mobiliario urbano na Avenida das Campeiras (Fase I)

Unha partida de 116.154 euros destinarase ao proxecto básico e de execución de renovación de pavimento e melloras de utilización na Rúa Real (1ª fase)  mentres que 103.134 euros irán destinados ao proxecto básico e de execución de mellora de servizos e pavimentos na Rúa A Balsa (fase 1º).

Investiranse 123.689 euros ao asfaltado dos viarios en Cancelas, Poupariña, Esvedral, Penapurreira e Ramallal-A Louseira.