Skip to main content
As Pontes

Organizan un ano máis a tradicional viaxe á neve para a mocidade das Pontes

Por 3 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Neve 2023, organizada pola Deputación da Coruña, que este ano se levará a cabo na estación Valgrande-Pajares (Asturias).

A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados nas Pontes, con idades comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2022), tendo preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da Deputación. Os nenos/as ponteses/as participarán na sexta quenda, que se desenvolverá entre o 13 e o 16 de xaneiro de 2023.

A cota de inscrición é de 85 euros, que se abonarán posteriormente tras a confirmación das sete prazas dispoñibles para o concello. As persoas interesadas en participar nesta campaña poden inscribirse, ata o día 14 de decembro, na primeira planta da casa consistorial.

Máis información nos números de teléfono: 981 45 26 02 – 634 671 968