Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle un campus de baloncesto este Nadal

Por 10 Decembro, 2022Sin comentarios

As Pontes acollerá entre o 26 e o 29 de decembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 8 a 16 anos organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello a Federación Galega e a Deputación da Coruña.

Traballarase en dúas canchas con horario de 10.00 a 18.00 horas con desprazamentos, locais, xantar e merendas incluídas.

O prazo de inscrición está aberto e pode facerse por mail en cbaspontes@gmail.com ou whatsapp no 639 062 068. As prazas son limitadas a 50.