Skip to main content
As Pontes

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data para o 2023

Por 12 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data de celebración para este ano 2023 e será o 2 de xullo. Esta proba desafía aos participantes a conquistar obstaculos extremos nun terreo complicado.

Será unha carreira duns 9 quilómetros de distancia coa saída e a meta na praia do Lago das Pontes.

Os obstaculos repartiranse por todo o percorrido cunha separación máxima entre eles de 500 metros, e a carreira partirá da zona sur da praia do Lago pasando pola zona cedida por Endesa ao Concello para penetrar na zona propiedade de Endesa.

Todo o percorrido será nunha contorna natural con vistas espectaculares ao Lago das Pontes. As inscricións, que xa están abertas, realizaranse a través da páxina web www.samuraixtremerace.es.

Cada participante recibirá unha camiseta, medalla, avitalluamentos e agasallos ofrecidos polos patrocinadores. Haberá trofeo especial para os tres primeiros clasificadas, así como aos tres primeiros equipos que consigan sumar o menor tempo posible.

Na Samurai Xtreme Race tamén hai sitio para a diversión dos nenos e por iso os pequenos de 4 a 13 anos poderán desfrutar ao mesmo tempo que melloran a súa actividade física na Samurai Junior Race, que se realizará nas zonas verdes á beira da praia do lago.