Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo para solicitar as axudas para as asociacións de veciños das Pontes

Por 22 Decembro, 2022Decembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes destinará 33.500 euros ás achegas destinadas ás entidades veciñais do municipio para o ano 2022.

Estas subvencións están dirixidas ás entidades veciñais, en ánimo de lucro, inscritas no rexistro de asocacións do Concello das Pontes e que desenvolan as súas actividades no ámbito territorial do concello ou sobre temas de interés para o municipio das Pontes.

Mediante estas achegas, o Concello das Pontes busca dar apoio ás entidades veciñais, contribuir a que acaden os seus obxectivos, fomentando a participación cidadá e contribuíndo a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego, a promover a execución de obras e equipamento de interese xeral no ámbito parroquial así como á posta en marcha de actividades que fomenten a cultura tradicional local (promoción del folclore e tradicións populares, artesanía, música, teatro)

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo durante o ano 2022. Así, serán subvencionales os gastos derivados da organización e realización das actividades; o material funxible non inventariable relacionado directamente con ditas actividades, seguros de responsabilidade civil e accidentes, retribucións a persoal técnico e de monitores/as, os gastos correspondentes a voluntarios/as ou monitores/as que colaboren coa entidade ou asociación impartindo algunha actividade, curso, etc, de forma esporádica, dereitos de arbitraxe, conferenciantes, entre outros.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria, sendo a data límite o 31 de decembro.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 239, do 20 de decembro de 2022 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes.