Un ano máis terá lugar en Rábade unha nova edición da Insuascola da Nadal, un espazo de formación en mediambiente especial pensado e deseñado para as nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade que se levará a cabo na Casa das Insuas.
Seguiranse primando as actividades no exterior, realizando actividades e formación ao aire libre dun xeito lúdico e divertido en grupos. O campamento é de balde e as prazas son limitadas.
As prazas están limitadas a 15 nenos e nenas que tratarán diferentes contidos como unha andaina invernal para o primeiro día, unha sesión de preparación de alimentos para nenos e paxaros e a busca dos tesouros da natureza pechará o programa. O campamento será do 27 ao 28 de decembro de forma continuada entre as 10.00 e as 14.00 horas.
Os interesados en apuntarse poden facelo no teléfono 982 804 773 ou no correo info@galway.com. Trátase dunha actividade gratuíta realizada ó abeiro do acordo de custodia asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo.
