Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto contará un ano máis coa súa cabalgata o día 5

Por 31 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Amas de Casa, en colaboración co Concello de Riotorto, organizará finalmente unha Cabalgata de Reis, que terá lugar o xoves 5.

Esta arrincará da casa da cultura ás 20.30 horas percorrendo as principais rúas da vila e con chegada ao salón de actos ás 21.00 horas.

Neste lugar está prevista a actuación do coro eo grupo de gaitas de Riotorto. Os Reis Magos terán un agasallo para todos os nenos.

Unha vez rematada a cabalgata servirase un chocolate con roscón de reis no centro sociocultural totalmente gratuíto.

Os interesados en colaborar coa cabalgata poden facelo no teléfono 696 035 545 preguntando por Olga.