Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Catro ouros e unha prata para o Club de Loita de Vilalba

Por 7 Decembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Club de Loita Olímpica de Vilalba acadou unha gran actuación no Campionato Galego celebrado no pavillón Santa Isabel de Santiago con catro ouros e unha prata.

Na categoría cadete, dentro do peso de 60 kilos, Boris Resetniak se fixo co título de campión autonómico e, no mesmo grupo de idade pero en 110 kilos a prata foi para Kevin Cuba.

Novamente os sénior volveron facer un gran papel con tres ouros, que foron para José Luis Puente Seoane en 92 kilos, José Cuba en 125 en loita libre olímpica e Catriel Pehuen Muriel en 130 kilo en grecorromana.

Ademais, José Cuba iniciouse no grappling acadando o bronce no mesmo campionato galego. Trátase dunha modalidade de loita que busca ter baixo control ao opoñente sen efectuar ningún golpe, para despois gañar o combate.