Skip to main content
Vilalba

Sancovade organiza un concurso de decoración e outro de xerseis

Por 19 Decembro, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños de Santiago de Sancovade organiza dous concursos con motivo da celebración do Nadal. O primeiro concurso, que leva por título Ilumina Sancovade fundamántase na decoración de Nadal.

Así, invitan á veciñanza a decorar fachadas, balcóns ou exterior de edificios, fotografialos e envialos para que se faga unha votación nas redes sociais.

Poden enviarse estas fotos a través de whatsapp, messenger de Facebook ou no correo asvsancovade@gmail.com. As fotografías subiranse ás redes sociais e os veciños poderán cotar ata o 29 de decembro.

Tamén está aberto un concurso de xerseis con motivos de Nadal. O mecanismo de participación é similar e faise polas mesmas vías pero haberá de prazo ata o 6 de xaneiro para participar. A idea é atopar o xersei “máis hortera”.