Skip to main content
Vilalba

Alumnos do IES Basanta Silva gañan o segundo premio cunha coreografía contra a violencia

Por 27 Decembro, 2022Decembro 28th, 2022Sin comentarios

O alumnado do IES Santiaga Basanta Silva de Vilalba segue colleitando premios este ano. Nesta ocasión, vén de recibir a notificación do segundo posto no II Certame Coreografíate co baile Movémonos contra a violencia de xénero.

O xurado do Concurso Coreografíate, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega, estivo formado por Sofía Espiñeira López, cantautora, bailarina e actriz, e Xiana Vilas Castro, coreógrafa, bailarina e docente.

O IES vilalbés acadou este premio tralo primeiro que acadou o CEIP de Ponzós, de Ferrol, coa peza Danza maldita de Ponzós. A peza de baile, fíxose ao ritmo de Fame de odio, das Tanxugueiras. Na categoría individual os premios foron para A tódalas mulleres, de Aida Pérez Fernández e Nin ti nin eu, de Luz de la Iglesia García e Johanna Hesse.