Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Teatro Marionetas Trécola estará o 28 na casa da cultura da Pontenova

Por 18 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A compañía de Teatro Marionetas Trécola, sita en Pol, representará o día 28 de xaneiro as 18.30 horas na casa da cultura da Pontenova a obra The Piccole Theatre, que ven sendo unha actualización da primeira obra creada pola compañía no ano 1981 por Fernanda Cabrera e Rafael Vázquez, daquela a obra tiña por nome Teatriño de Feiras.

A representación dese sábado está dentro do Programa de Teatro Profesional da Provincia de Lugo Proscenio, ten unha duración de 60 minutos e está adicada a un público infantil e familiar.

A sinopse desta obra versa sobre un pequeno teatro que viaxa arredor do mundo dentro dunha caixiña de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non: os dous grandes paiasos Tontón e Totó Gluk.

A maxia dos fíos destas marionetas liarán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o show.