Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

As Minas da Pontenova organiza a festa de Entroido para o 18 de febreiro

Por 30 Xaneiro, 2023Xaneiro 31st, 2023Sin comentarios

A asociación As Minas da Pontenova organiza en colaboración do Concello unha festa de Entroido para o sábado 18 de febreiro a partir das 23.30 horas no local das sociedades.

Así, durante a xornada haberá un desfile que comezará ás 1.30 horas e a entrega de premios ás 3.00 horas. Haberá premios por categorías que serán para grupos, parellas e individuais. As charangas e comparsas non entran no concurso.

Dende a organización informaron de que a música das coreografías debe ser en formato mp3, e haberá que anotarse ese mesmo días.

Ademais hai ruta das tapas do Entroido polos bares do pobo dende as 20.00 horas nos locais bar Puente, Rony bar, O Lar de Balbina, restaurante San Briz e na casa da cultura.