Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

A casa da cultura do Vicedo acollerá un torneo de tenis de mesa

Por 26 Xaneiro, 2023Xaneiro 27th, 2023Sin comentarios

A casa da cultura do Vicedo acolle o vindeiro sábado 4 de febreiro un torneo de tenis de mesa para maiores de 15 anos. Esta cita deportiva, que será a partir das 18.00 horas, faise co obxectivo de ofrecer unha pequena alternativa de ocio activo para a xente máis nova e adultos do municipio.

O sistema de competición será en fase de grupos e fase final para que cada xogador dispute un mínimo de partidas. Haberá premios para os tres primeiros clasificados baseados en material de tenis de mesa.

Para participar será necesario inscribirse en omix@concellodovicedo.org ou por mensaxe privada nas súas redes sociais.