Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

O 5 de febreiro volven os tradicionais callos da festa do San Blas en Vilaxoane, Foz

Por 27 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A peña de Entroido Fálame Sempre, en colaboración coa Comisión de Festas do San Blas e o Concello de Foz, retoma o vindeiro domingo día 5 de febreiro os tradicionais callos da festa do San Blas en Vilaxoane.

Xa antes da pandemia había uns anos que non se facía esta xornada gastronómica do domingo, pola gran carga de traballo que lle supoñìa á comisión a maiores de todos os outros actos do fin de semana.

Así, se á veciñanza lle apetece asistir e degustar este apetitoso prato, pódese facer a reserva de tíckets no teléfono 982 132 230 (en horario comercial) ou mercalos na Libraría A Rapadoira.

O menú consta de callos, pan, viño, sobremesa e café a un prezo de 12 euros. Haberá mesas e bancos na carpa e contarán con sesión vermú e servizo de bar. A xornada comezará a partir das 14.00 horas,