Skip to main content
Cervo

Despois dunha longa espera, volve unha nova edición da Foliada Nordestía de San Cibrao

Por 27 Xaneiro, 2023Abril 9th, 2023Sin comentarios

Despois dunha longa espera de 4 anos volve unha nova edición da Foliada Nordestía de San Cibrao e que este ano chega a súa sétima edición. Este clásico cervense celebrarase o sábado 1 de abril.

Desde a súa organización din que o deseño do cartel é obra de Hipólito Xeada.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, previsiblemente contará como en anos anteriores con Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos infantís e actuacións.