Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

San Cibrao conta cun novo club de trail, A Fume de Carozo

Por 31 Xaneiro, 2023Febreiro 1st, 2023Sin comentarios

San Cibrao conta dende esta semana cun novo club de trail creado por un grupo de amigos aos que lles une a súa paixón por este deporte, o aire libre e a natureza.

A Fume de Carozo, “nace como un humilde club pero rebosante de enerxía e con moitas ganas de divertirnos facendo o que nos gusta”, comunicaron.

Así, animan á veciñanza que lle guste o deporte de montaña e ao aire libre a compartir experiencias e unirse ao club.

Para máis información pódese mandar un email a afumedecarozosanci@gmail.com. Aquí pódese descargar a inscrición e de agasallo recibirase a camiseta oficial do club.