Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Nova manifestación da Plataforma Sanitaria da Mariña contra o desmantelamento da sanidade

Por 7 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Plataforma Sanitaria da Mariña chama aos veciños da Mariña a sair novamente á rúa o vindeiro 19 de xaneiro de 2023 , na manifestación que convoca baixo o lema Contra o desmantelamento da sanidade pública.

A convocatoria responde á situación de emerxencia no que se atopa a sanidade pública, que sufre cada vez máis deterioro sin que os responsables da súa xestión poñan solucións efectivas.

“Se ben a Mariña leva sufrido continuos recortes en materia de sanidade desde hai trece anos , os problemas agrávanse trala supresión da área sanitaria no ano 2018 . Esta decisión do gobernó da Xunta de xeito unilateral, sen escoitar aos axentes sociais e dándolle as costas ao clamor veciñal que se oponía á súa perda, provoca a centralización dos recursos na capital aumentando as derivacións cara a Lugo – moitas veces a centros privados- para procedementos que ben podían terse realizado aquí, alonxando a sanidade das persoas. Malia que se acometeu una obra de ampliación de gran calado, moi necesaria e que se fixo realidade grazas a un importante movemento de presión social, non se dotou de nin un só servizo novo”, din dende a Plataforma Sanitaria.

“A irrupción da pandemia non fixo máis que agravar una situación de extrema debilidade, ampliando considerablemente as xa inaceptables listas de espera que sufríamos debidas ao déficit estrutural de persoal do que adoecemos, sumado á non subtitución das ausencias do pouco e sobrecargado persoal do que se disponía”, engaden dende o colectivo mariñao.

A situación actual pola que están a pasar moitos centros de saúde raia o peche funcional dos mesmos. “Mesmo en Viveiro hai uns meses quedaba un só medico dos dez que hai en plantilla entre as quendas de mañá e de tarde; en Cervo durante os meses de verán solo houbo servizo médico tres días á semana”, din, “a pediatría de familia na Mariña está a piques de desaparecer e negámonos a aceptar o discurso que está a lanzar o Partido Popular cando afirma que temos que acostumbrarnos a que non haxa pediatras nos centros de saúde”.

No Hospital da Mariña hai “situacións grotescas como agardar dous anos para facer una ecografía ou tres anos para ser visto por cardioloxía”. No servizo de reumatoloxía, que durante meses estivo pechado por un permiso non substituído “xa se perde a conta dos anos que leva agardando a xente por una consulta”.