Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Vaise mellorar a sinalización vertical dos espazos portuarios

Por 7 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Mellorada a sinalización vertical dos espazos portuarios de titularidade autonómica cun investimento de 286.000 euros da Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia. Estas actuacións desenvólvense a través dun contrato co que a Xunta está a renovar o conxunto dos sinais informativos dos 122 peiraos de titularidade autonómica.

A substitución da sinalización existente por novos elementos responde á necesidade de mellora dos carteis, que en ocasións presentaban danos como consecuencia das condicións meteorolóxicas adversas e da súa presenza en contornas mariñas. Ademais, os novos carteis aportan información aclaratoria e máis detallada da normativa que recolle, o que non implica unha modificación da regulación senón que ofrece máis datos sobre a que está vixente.

Entre a sinalización que se renova atópanse os carteis das oficinas portuarias, a delimitación das zonas de carga e descarga, as saídas das zonas portuarias, as indicacións de riscos e as de prohibición do paso a toda persoa allea á actividade do peirao ou servizos das áreas portuarias.

En relación cos indicadores de prohibición do acceso ás persoas alleas á actividade portuaria, os novos carteis recollen un texto moito máis detallado que explica que a normativa -na que non se produciu ningún cambio- limita a entrada ás zonas portuarias a aquelas persoas e vehículos vencelladas con empresas que teñen actividade no porto ou ás autoridades competentes. Entre elas están as entidades pesqueiras, náuticas, comerciais, industriais e de servizos, así como os corpos e forzas de seguridade do Estado, entre outras.