Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Conde subliña que o futuro de Alcoa pasa por conseguir un prezo competitivo

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co comité de empresa de Alcoa para abordar o futuro da planta. Neste sentido referiuse a que ese futuro pasa “pola consecución dun prezo competitivo e os investimentos que Alcoa pode desenvolver”.

Conde trasladou o seu apoio aos traballadores para que nun contexto de diálogo se poidan dar certezas e chegar a “un acordo entre empresa e traballadores que garanta a viabilidade a futuro e dea estabilidade ao emprego”, explicou.

Por outra banda, avaliaron as necesidades da planta en materia de prezo eléctrico: “o Goberno pode adoptar medidas e modificacións no Estatuto electrointensivo para contar cun marco enerxético que lle permita competir en igualdade de condicións con outros países que teñen un prezo eléctrico máis barato”, subliñou.

O vicepresidente económico tamén se referiu ao Perte de descarbonización industrial, convidando a Alcoa a aproveitar esta oportunidade dos fondos europeos con proxectos para a planta, do mesmo xeito que agarda para Galicia un compromiso real por parte do Goberno.