Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Nace, Modepen A Mariña, un grupo de pensionistas integrado no Movemento Galego pola Defensa das Pensions

Por 14 Xaneiro, 2023Xaneiro 15th, 2023Sin comentarios

Un grupo de pensionista da Mariña, máis concretamente de Ribadeo, Lourenza, Mondoñedo, Foz e Barreiros, decidiron integrarse no movemento Movemento Galego pola Defensa das Pensions e os Servizos Públicos ou Modepen, nacendo así Modepen A Mariña.

Este grupo creouse e legalizouse a principios do 2016 para mobilizarse ininterrumpidamente na defensa das pensións e os servizos públicos, participando e apoiando a outros colectivos sociais como Sanidade, Educación, Atención a Dependencia, etc.

“Como consecuencia das reformas sobre pensions do 2011 e 2013, dos gobiernos de Zapatero e Rajoy, claramente encamiñadas a devaluar o sistema público de pensións coa intención de favorecer plans de pensións privados para beneficio da banca e aseguradoras, e sobre todo coa aprobación polo Gobernó de Rajoy de subir as pensións o 0,25% a partir do 2015, xerouse unha fonda preocupación pola perda de poder adquisitivo”, din dende o novo colectivo.

“Dada a situación de deterioro a que estaba sometendo o sistema público de pensións, un dos dereitos históricos mais sensibles e necesarios para as familias traballadoras, tanto por conta allea como autónomos, en 2015 un grupo de pensionistas de Pontevedra e Vigo decidiron crear a plataforma”, engaden.