Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Aberto ao tráfico un carril da N-642 en Burela tralo seu peche

Por 23 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

Tralo afundimento da estrada N-642 no acceso de Burela dende Foz, e unha vez garantidas as condicións de seguridade polos técnicos, onte pola noite abriuse á circulación un dos carrís do tramo cortado.

O socavón responde ao embalsamento de auga, derivado dos últimos episodios de intensas choivas, no punto quilométrico 42.3, coincidindo cun dos enlaces de acceso a Burela.

Así, o tráfico en ambas as direccións altérnase sendo regulado con semáforos e dase por descontado que haberá retencións dado o volume de tráfico que soporto esta estrada.

Hoxe, luns, será un día clave pois miles de vehículos de toda a Mariña móvense por esta estrada vertebradora da comarca. Desde Tráfico apuntaron que este luns reforzarán o servizo desde primeira hora da mañá.

Toda a capacidade de achique da AXEGA (bomba de achique de gran caudal e semirremolque de achique, dotado con 16 bombas), foi desprazada polos membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI), que colaboran desde as primeiras horas do afundimento nas tarefas de alivio da presión da auga sobre a estrada N-642 e seguirán ata retirar toda a auga acumulada.

AS ALTERNATIVAS

Desde Cangas a ruta recomendada pasa polas estradas LU-162 hacia Ferreira do Valadouro, e Lu-P-1502, en sentido Burela. Alternativamente, desde la LU-162 en Ferreira o itinerareo poderá seguir pola LU-161 e a LU-540 ata Viveiro para incorporarse novamente á N-642 a través da CG-2.3 en Xove.

Xa se está traballando na zona con medio materiais e humanos e estanse barallando distintas solucións ao problema.

TREN

A este corte sumouse a suspensión da circulación ferroviaria por “perigo de desprendemento” da estrada cortada, que discorre en paralelo á vía do tren.

Así, Adif informou que nestes momentos atópase suspendida a circulación entre Burela e Ribadeo (Liña de ancho métrico Oviedo-Ferrol) por “perigo de desprendemento por derrube de estrada próxima á vía”.

PASO ATA O HOSPITAL

As autoridades habilitaron un paso de urxencia para que as ambulancias podan chegar ao Hospital Público da Mariña de Burela desde Foz. Trátase dunha pista que discorre polas inmediacións da praia de Areoura na urbanización do Cantiño.