Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

En marcha unha nova edición do Trail do Caolín ao Fuciño do Porco

Por 17 Xaneiro, 2023Xaneiro 18th, 2023Sin comentarios

A organización do Trail do Caolín ao Fuciño do Porco informaron de que xa está en marcha unha nova edición da carreira e que se celebrará o 21 de maio do 2023.

O percorrido da proba, estará próximo aos mil metros de desnivel e partirá do porto do Vicedo para seguir polo Caolín cara ao monte en dirección a San Román, chegar ao Fuciño do Porco e volver pola costa ata o porto.

Haberá tres categorías, andaina e trail corto de 15 quilómetros, e trail longo de 28 quilómetros. As inscricións, aínda non están abertas, pero previsiblemente poderán facerse no enlace de sportmaniacs.

Esta proba repartirá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos e o máis novo.

En outras ocasións os horarios de saída foron ás 9.00 o trail longo, seguido ás 9.30 horas da andaina e ás 10.00 o trail curto. Para o trail curto e andaina puxéronse autobuses para achegar aos participantes á zona de saída 1 hora antes das saídas.