Skip to main content
Comarca AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Expourense acolle hoxe o Campionato Galego de pista cuberta no que participan as Escolas Deportivas de Lourenzá

Por 21 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Hoxe celébrase en Expourense unha das citas máis esperadas do atletismo en pista cuberta, o Campionato Galego nas categorías absoluta e sub-23, un evento que reúne a uns 250 deportistas galegos.

Estre os atletas que participarán atópanse os cativos da Escolas Deportivas Concello de Lourenzá. Así, Ana Vallines competirán en 1.500, Carmen García no salto de altura, Iria Rodríguez no 800 e Fer Vallines no peso.