Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Burela acollerá unha charla previa á Supercopa feminina

Por 25 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, anima a asistir á charla sobre o fútbol sala feminino, que terá lugar o 27 de xaneiro, en Burela. Será ás seis da tarde no auditorio. A actividade enmárcase na Supercopa de España que se celebrará durante a fin de semana na vila. 

O edil burelés anima “a todas as asociacións deportivas e culturais, a todos os colectivos de Burela e da comarca que sexan amantes do deporte, e mais concretamente do fútbol sala, a asistir a esta charla-coloquio na que serán protagonistas as xogadoras dos clubs que participan na Supercopa de España”. 

Ramiro Fernández subliña “a importancia que ten para Burela a celebración da Supercopa de España de fútbol sala feminino, que nos volve poñer no mapa e que suporá unha fin de semana importante para o sector hostaleiro da nosa vila polos equipos desprazados e polas afeccionados que os acompañarán”.

E engadiu: “estamos encantados de acoller este importante evento deportivo e agardamos que sexa todo un éxito”.