Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz selecciona un operario de servizos múltiples

Por 24 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

Dentro do Plan Único da Deputación Provincial, Programa de Fomento de Emprego, ofértase a praza de Operario de Servizos Múltiples para o Concello de Alfoz.

Toda a documentación está dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Alfoz e neste enlace están as bases xerais e o Anexo I.-Modelo oficial de solicitudes.

Será unha xornada a tempo completo durante 8 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 31 de outubro deste ano 2023.

O prazo de presentación é de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP, é dicir, remata o día 26 de xaneiro.