Skip to main content
Burela

Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta polo río Trimaz

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 14 de xaneiro. Este roteiro será de 10 quilómetros e pasará polo río Trimaz, en Cabreiros, Concello de Xermade.

É unha ruta na que recomendan levar bastón e calzado axeitado ademais de respetar en todo momento á natureza e as normas sanitarias vixentes.

A saída será ás 9 horas da Estación de Autobuses de Burela e é necesario anotarse para este roteiro en Gráficas Arfe ou chamando aos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194.

Dende a organización lembran que é imprescindible anotarse para participar e o prezo da ruta é de 25 euros para socios e 30 para os que non o sexan, e inclúe o autobús, o almorzo e o seguro.