Skip to main content
Cervo

Os Reis Magos farán unha parada no camiño para ver aos nenos de Cervo

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios
Os Reis Magos farán unha parada no camiño para ver aos nenos do Concello de Cervo. Así, a cabalgata partirá de San Cibrao ás 17.30 horas do pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no auditorio da Casa da Cultura.
Xa ás 19:30 horas, con saída da casa do Concello ata a carpa da praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
A continuación haberá unha actuación do pallaso Popín e cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras.