Skip to main content
Cervo

Segue aberto o prazo para solicitar as árbores froiteiras e autóctonas de Cervo

Por 16 Xaneiro, 2023Sin comentarios
O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.
Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.