Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo traballa para achegar a cobertura de internet a Sargadelos

Por 20 Xaneiro, 2023Xaneiro 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha zona do municipio que sofre aínda as consecuencias da fenda dixital ao carecer de cobertura.

Neste senso, esta mesma semana, e tras moitos meses de xestións, comezaron os traballos para mellorar as redes de telecomunicacións nesta contorna cun obxectivo que pasa por “favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día”.

Así, o Concello de Cervo, xa facilitou o entronque da liña, e abonou os dereitos de extensión e enganche, para instalar agora unha torreta no monte municipal da Escarabelada, que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.