Skip to main content
Foz

O PP urxe a Cajoto a xestionar co Ministerio unha solución á estrada da N-642, cortada en Foz debido a un afundimento

Por 21 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O PP urxe a Cajoto a xestionar co Ministerio a rápida solución á estrada da N-642, cortada en Foz debido a un afundimento. “O corte da estrada N-642 crea unha moi difícil situación na Mariña”, di o portavoz popular, Javier Castiñeira, que sinala: “No PP de Foz estamos verdadeiramente preocupados pola situación creada polo corte da N-642 en Cangas, onde un socavón illa unha parte  da Mariña (Foz, San Cosme, Ribadeo) da outra parte”. Indica que esta situación “constitúe un problema maior, porque a alternativa de tráfico é inviable tanto en canto aos tempos como en canto á seguridade, dado que vai por estradas que non reúnen as condicións necesarias; algunhas delas son da Deputación e o PP xa denunciou que non están nas mellores condicións”.

Os populares destacan que os veciños de Foz están illados con respecto ao hospital de Burela, no que traballan moitos focenses; tamén traballan noutros puntos da Mariña aos que non poden chegar, como o porto de Burela, Alcoa o no forestal.

Castiñeira di: “Pedimos o señor alcalde de Foz, Fran Cajoto, que se poña a traballar inmediatamente co ministerio para que dea unha alternativa viable, posto que falamos dun tema maior”. Na liña de colaboración que o caracteriza, “o PP de Foz ponse en mans do goberno de Foz por se necesita formar algún tipo de comisión de seguimento, porque hai que buscar algunha alternativa a este gravísimo problema”. 

No PP indican que “o ministerio, como máximo responsable desta estrada, debe ser o que dea solución ao grave problema que está causando este socavón na N-642”.