Skip to main content
Lourenzá

Comezan oficialmente os actos de homenaxe a Del Riego ao que se lle adica as Letras Galegas 2023

Por 4 Xaneiro, 2023Xaneiro 5th, 2023Sin comentarios

Unha delegación da comarca de Valdeorras, encabezada por Débora Álvarez, directora do proxecto As letras de Florencio, visitará o Concello de Lourenzá, mañá mñercores 4 de xaneiro para, de forma simbólica, pasar o testigo das Letras Galegas do ano de Florencio Delgado Gurriarán ao de Francisco Fernández del Riego.

Serán recibidos pola alcaldesa Rocío López e por membros da Mesa coordinadora Don Paco.

Por outra banda, o sábado 7 de xaneiro, coincidindo co 110 aniversario do nacemento de Fernández del Riego, darán comezo oficialmente os actos de homenaxe ao escritor ao que se lle adica as Letras Galegas 2023, coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, ademais doutras autoridades autonómicas, provinciais e locais, pendentes de confirmar algunha delas.

Os actos darán comezo ás 17.00 horas no salón de actos do Concello, onde tamén se inaugurará a exposición 110 anos de Del Riego e a presentación dun Calendario biográfico sobre o escritor laurentino. Rematarán os actos coa actuación do grupo Música 1500 e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

Esta cita cultural será ás 18.00 horas no multiusos Ponte de Cuñas.