Skip to main content
Ourol

A oficina de Correos de Ourol muda de ubicación

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Co comezo do ano o Concello de Ourol informou de que a oficina de Correos muda de ubicación e que agora prestará os seus servizos no antigo colexio Vicente Casabella.

Segundo o alcalde ourolés, José Luis Pajón, “o local actual era alquilado e a propietaria faleceu, polo que buscamos unha ubicación nova”.

A partir de agora e no seu horario habitual de 13.15 a 13.45 horas, estará no antigo centro educativo que se atopa situado na estrada principal de Ourol, número 29.

“É un local que está acondicionado e así afórrase o aluguer”, di Pajón, ao que engade, “estará alí definitivo, malia que se necesite o local para outras necesidades”.