Skip to main content
A Pontenova

ACD As Minas da Pontenova remata o Operación Kilo

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova deu por finalizada a campaña de recollida, Operación Kilo, de alimentos, roupa e xoguetes que comezou durante o Nadal.

Agora serán entregados a Cruz Vermella e Cáritas. Dende a organización quixeron agradecer a “todos os que desinteresadamente participaron nesta iniciativa e tamén ós establecementos que axudaron facendo de puntos de recollida”.

“Para o ano que ven seguiremos colaborando con tanta ou máis ilusión e ganas”, remataron dicindo.