Skip to main content
Ribadeo

Marta Rey volverá a presentarse como candidata socialista á alcaldía de Ribadeo

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A secretaria de organización e voceira da agrupación socialista de Ribadeo, Marta Rey, avanza que volverá a concorrer como cabeza de lista ás eleccións municipais por Ribadeo.

Marta Rey convocará nas vindeiras datas, tal e como marca o regulamento do PSdeG, unha asemblea con tódolos militantes na que abordarán a situación do municipio, o proxecto dos socialistas para impulsar o desenvolvemento social e económico dos veciños e veciñas de Ribadeo, así como a súa proposta para ser a candidata do partido nas vindeiras eleccións municipais.

“Quero seguir traballando e loitando polo futuro dos veciños do meu concello e da miña comarca. En Ribadeo hai moito por facer. Estou convencida de que nas videiras eleccións seremos o partido que lle dea o empuxón progresista que Ribadeo merece”, remarcou a socialista.