Skip to main content
Ribadeo

Volve un ano máis o Concurso de Cartas de Amor de Ribadeo

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Volve un ano máiso Concurso de Cartas de Amor de Ribadeo, organizado pola galería Terra Branca e que chega a súa novena edición. José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, anima a participar nesta consolidada cita: “só tedes que escribir unha romántica, peculiar ou divertida carta de amor á vosa parella, á vosa familia, ás vosas paixóns, á vida, á terra, ás vosas mascotas… a obra debe ser obrigatoriamente un orixinal do seu autor e non ocupar máis que a cara dun folio a dobre espazo. As cartas que non cumpran devanditos requisitos serán automaticamente descualificadas. Non hai límite de cartas por participante. E poden estar redactadas en galego ou castelán”.

O premio será unha magnífica figura de cerámica galega. Tras a deliberación do xurado formado por Mariángel Leal (artista), Isabel Buján (fotógrafa) e José Ramón Leal (director da Galería Terra Branca) a carta premiada será lida en Radio Foz, RadioVoz e será publicada en diferentes medios de comunicación e redes sociais.

Leal engade que “as persoas interesadas en participar no noso Concurso de Cartas de Amor deben enviar as súas obras por correo postal ou electrónico con todos os seus datos ou entregala directamente antes do 14 de febreiro en: Terra Branca, Avenida de Galicia 8, 27700 Ribadeo. O noso email é o seguinte: galeriaterrabranca@gmail.com”.