Skip to main content
Ribadeo

Volve o programa de formación para a dixitalización de mulleres

Por 14 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo colabora de novo na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres #Galegas Dixitais.

Esta formación vai dirixida a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, co obxectivo de mellorar as súas competencias informáticas de cara a  incrementar o seu nivel de empregabilidade, impulsar o emprendemento e tamén reducir a fenda de xénero que  existe no acceso e no emprego das novas tecnoloxías.

O programa presenta un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado e está dividido en tres bloques, de 40 horas cada un: competencias dixitais básicas; competencias dixitais avanzadas; e competencias dixitais para o emprendemento.

A formación é totalmente gratuíta, e ao remate do curso entregaráselles ás alumnas o equipo portátil co que estiveron traballando, para que conten cun dispositivo que lles permita poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Esta nova edición de #Galegas Dixitais impartirase no Concello, e dará comezo a principios de febreiro, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. A selección de alumnas vai ser  o próximo martes, 17 de xaneiro, polo que as persoas interesadas en participar deben facelo canto antes a través dalgún dos seguintes medios. A través do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadeo no teléfono 982 128 650; vía whatsapp no 698 197 518; por correo electrónico en lugo@galegasdixitais.es ou da web www.galegasdixitais.es