Skip to main content
Ribadeo

O 20 de xaneiro remata o prazo de solicitude de árbores en Ribadeo

Por 17 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello segue na loita contra os incendios forestais. Na sede electrónica foron publicadas o pasado mes de decembro as bases destinadas á nova entrega de árbores ás persoas responsables de redes secundarias de faixas de protección de biomasa no termo municipal de Ribadeo.

En total destínanse 9.000 euros a este fin e a veciñanza interesada pode presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 20 de xaneiro. 

O obxectivo do equipo de goberno é facer entrega das árbores no mes de febreiro “porque, unha vez que se encarguen aos viveiros, é un bo momento para facer esta plantación”.

O Concello de Ribadeo levaba xa varios anos realizando esta campaña entre a veciñanza responsable das redes secundarias de faixas de protección de biomasa.