Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo fíxose coa propiedade de varias vivendas en estado ruinoso en Cabanela

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello fíxose coa propiedade de varias vivendas en estado ruinoso en Cabanela. O obxectivo é dedicalas ao aluguer para a xente moza. Catro deses inmobles eran do Bispado Mondoñedo-Ferrol.

Así, nestes días frutificaron os acordos para recuperar o barrio de Cabanela, unha das orixes medievais do que hoxe se coñece como Ribadeo, pero lamentablemente leva decenios en total abandono.

O alcalde indicou que “para iso, falamos cos lexítimos propietarios desas vivendas para que no las vendesen. Houbo unha compravenda a unha familia, á que lles estamos moi agradecidos. E tamén houbo cesións. Neste caso doutra vivenda por parte doutra familia e logo a entrega de catro edificacións por parte do Bispado de Mondoñedo-Ferrol por seren da súa propiedade. E vaia tamén o noso agradecemento”.

Fernando Suárez manifestou: “e a cidadanía preguntarase, para que queremos esa cantidade de construcións en estado totalmente ruinoso?. Pois para engadilas a outras dúas que xa son das Administracións Públicas e poder iniciar así os trámites de reconstrución dese barrio para dedicalo ao aluguer de vivenda para xente moza de Ribadeo”.

O rexedor sinalou: “estamos convencidos de que este expediente que hoxe iniciamos, será unha auténtica revolución á volta dun tempo con ese emprazamento tan simbólico, tan histórico e tan útil. Tomar o pasado e proxectalo cunha potencia tremenda para o futuro. Iso é o que levamos anos facendo desde o goberno municipal de Ribadeo”.