Skip to main content
Ribadeo

Vicente Castro volve á política municipal ribadense

Por 29 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Vicente Castro volve á política municipal ribadense coa proposta de novo equipo de goberno que o BNG está a preparar para as vindeiras eleccións municipais.

Pablo Vizoso Galdo expresou publicamente, en nome propio e do BNG, a satisfacción por esta incorporación, por tratarse dunha persoa que coñece a fondo o concello, é unha garantía pola súa experiencia e capacidade. “Aportará solidez, confianza e saber facer ao próximo goberno municipal”, dixeron.

A volta de Vicente Castro enmárcase así no proceso de preparación do novo equipo de goberno que está a preparar o BNG para xestionar o Concello de Ribadeo. Para o BNG “é imprescindible defender os intereses de Ribadeo e traballar polo seu presente e futuro”.

“Un novo alcalde, un equipo de goberno reforzado e un proxecto forte para defender Ribadeo e dar continuidade a todas as melloras e avances conseguidos durante a etapa de Fernando Suárez Barcia van ser as tres claves da proposta do BNG para as vindeiras #eleccións municipais de maio”, remataron dicindo dende o equipo de goberno.